A I Sesión de innovación aberta Galicia Open Future achegará o emprendemento ao alumnado de grao e posgrao da USC
O alumnado de grao e posgrao da USC está convidado a participar na I Sesión de innovación aberta Galicia Open Future, que se celebrará o próximo venres 6 no Centro de Emprendemento da Cidade da Cultura, de 10.00 a 14.00 horas. O seu obxectivo será traballar conxuntamente cun grupo de emprendedores usando a metodoloxía Design Thinking sobre o reto ‘Como mellorar a transferencia de resultados de investigación da Universidade cara á sociedade nos ámbitos das Ciencias Sociais e as Humanidades?’. A través desta sesión de traballos, as persoas que se acheguen poderán coñecer en primeira persoa as solucións da ferramenta Design Thinking baseadas en técnicas que explotan a creatividade. Galicia Open Future é unha iniciativa de Telefónica e a Xunta de Galicia para fomentar o emprendemento en Galicia e que actualmente dá apoio a 50 proxectos emprendedores. Para inscribirse, as persoas interesadas deben adquirir a súa entrada gratuíta no enlace https://www.koliseo.com/openfuturegal/sesion-de-innovacion-abierta.