Skip to main content

O profesorado que difunde o seu material docente en OpenCourseWare xa pode participar nos Premios MECD-Universia á iniciativa OCW

Dotado cun premio de 6.000 euros e dous accesits de 3.000 euros

A presentación de candidaturas á sétima edición dos Premios Ministerio de Educación, Cultura e Deporte-Universia á iniciativa OpenCourseWare (OCW) poderá realizarse ata o próximo 17 de febreiro. Esta é unha iniciativa que pretende promover e premiar a difusión en aberto dos materiais docentes, estruturado en materias, que utilizan docentes de universidades españolas correspondentes a un dos planos de estudo vixentes en cada institución. A convocatoria está aberta a aqueles docentes que teñan publicado a súa materia no site OCW correspondente e as teñan enlazado a OCW Universia. A presentación de candidaturas deberá realizarse de xeito electrónico na propia web. As materias presentadas a concurso deberán ter sido enlazadas entre o 14 de febreiro e o 17 de febreiro de 2015. Cada autor/a poderá presentar tantas asignaturas como teña incorporado á web OCW da súa Universidade e o conseguinte enlace con Universia. A fase de votación por parte dos/as usuarios/as abrirase o 17 de febreiro e finalizará o 3 de marzo. Concederase un máximo de tres puntos de libre disposición para as materias candidatas ao Premios MECD-Universia ou ao Premio á Accesibilidade. Tras a primeira votación, a fase de resolución dos premios conclúa coa valoración por parte do Comité Editorial e o ditame final por parte do xurado correspondente. Premios

Este premio está dotado con 4.000 euros para o autor ou autora e outros 2.000 euros para a oficina OCW da universidade gañadora. Tamén se prevén un máximo de dous accésits doutros 2.000 euros para autores/as e 1.000 para a oficina OCW. Ademais, entregarase o Premio MECD-Fundación Universia á materia máis accesible, dotado con 3.000 euros para o docente ou equipo de profesores/as que presente a candidatura e 2.000 euros para a oficina OCW.

The contents of this page were updated on 02.05.2015.