O experto en musicoloxía Philip Tagg participou na programación académica do máster en Industria Cultural
O investigador e experto en musicoloxía Philip Tagg participou ao longo de toda esta semana no programa docente do máster en Industria Musical que este curso desenvolve a súa primeira edición. Philip Tagg ten realizado un destacado labor investigador no eido da análise musical cunha especial atención nos últimos anos á musical popular. O experto foi recibido este venres polo vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira. O programa académico deseñado para este posgrao oriéntase á capacitación de profesionais para atender todos os ámbitos da industria musical. Aborda os aspectos artístico, estético, sonoro, loxístico, de xestión, produción e comercialización da industria musical actual. No seu desenvolvemento, o máster conta coa participación activa de músicos, managers, produtores, compositores, promotores e xestores dos diferentes subsectores da industria musical.