Skip to main content

O servizo de Deportes desenvolve unha ruta de sendeirismo por Fisterra para estudantes

Forma parte dun ciclo específico sobre deportes na natureza

Na comarca de Fisterra o próximo 21 de febreiro, o Servizo de Deportes iniciará un novo ciclo de actividades deportivas na natureza orientadas especificamente para o estudantado. A primeira proposta é unha ruta polo cabo de Fisterra cunha lonxitude de 13 quilómetros, dificultade media-baixa e un desnivel medio, para a que xa está aberta o período de inscrición. O traxecto comezará no Sardiñeiro e seguirá parte do trazo do camiño de Santiago, pasando pola ladeira do monte da Serra ata chegar á enseada de Langosteira que o grupo percorrerá ata alcanzar Fisterra. Logo dunha visita ao Museo do Mar, o percorrido continúa cara a praia de Mar de Fora e de aí ata o Cabo Fisterra, lugar de finalización da ruta. Ademais do seu alto interese cultural, a ruta posúe un altísimo interese paisaxístico e natural xa que gran parte do entorno por onde transcorre está incluído dentro da Rede Natura. Como con calquera outra actividade deportiva, para formalizar a matrícula é preciso estar dado de alta como usuario de deportes da USC para este curso académico. A inscrición poderá formalizarse na Piscina Universitaria (Campus Vida), en horario de 9.00 a 14.00 horas.

The contents of this page were updated on 02.12.2015.