Skip to main content

O XXI Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza o ecuador da man de Kafka

O XXI Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza o ecuador da man de Kafka
O XXI Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza o ecuador da man de Kafka

O XXI Festival Internacional de Teatro Universitario alcanza este xoves o seu ecuador da man do Théâtre Universitaire Royal de Liège (Bélxica) que porá en escena ‘Communication á une académie’, a partir da novela de Kafka e cunha duración total de 50 minutos. Como o resto de actuacións programadas, a representación celebrarase no Teatro Principal ás 21.00 horas. Como é tradición, a entrada será gratuíta previo paso polo despacho de entradas que abrirá dende as 18.00 horas. O venres 13, ao escenario subirán o elenco da Escola Superior de Arte Dramática de Murcia coa peza ‘El fenómeno del mundo occidental’, de John M. Synge, e unha duración de 100 minutos. O programa concluirá o sábado 14 coa proposta de Teatrubi da Universidade de Covilhã (Portugal) que representará ‘Diagnótico: desgusto patolóxico’, a partir de Psicose de Sarah Kane. O Festival Internacional de Teatro Universitario celebra ao longo de toda a semana esta vixésimo primeira edición reunindo cinco compañías de España, Bélxica e Portugal.

The contents of this page were updated on 02.12.2015.