Alta participación no VII do Torneo de Tenis de Reis
As pistas deportivas da Universidade no Campus Vida acubillaron entre o 2 e o 5 de xaneiro a sétima edición do Torneo de Tenis de Reis no que este ano participaron máis de 80 xogadores e xogadoras distribuídos en 8 categorías. En minitenis o campión foi Diego Fagúndez Aguilar; mentres que na categoría de 7 a 10 anos gañou Pedro Otero Piñeiro e na de 11 e 12 Alberto Romarís Campaña. Na de 13 e 14 anos o galardón foi para Juan Villar Álvarez e de 15 a 17 para Román Otero Mayán. Na categoría +18 a vencedora en mulleres foi Clara Lema Rodríguez e en homes José Mª González Fortes. Por último, en +15 masculino nivel competición Tomás Garnelo Fernández foi o campión. Na entrega de premios estiveron presentes o director do Servizo de Deportes da USC, Miguel Magán, e o xerente da Fundación USC Deportiva, Óscar Hermida, qud colaborou na organización.