Skip to main content

Os titulados e tituladas pola USC en Farmacia, Medicina, Veterinaria e Odontoloxía terán o nivel de máster no EEES

Os titulados e tituladas pola USC en Farmacia, Medicina, Veterinaria e Odontoloxía terán o nivel de máster no EEES
Os titulados e tituladas pola USC en Farmacia, Medicina, Veterinaria e Odontoloxía terán o nivel de máster no EEES
O Consello de Universidades aproba a adscrición dos catro graos ao nivel 3 do MECES

Unha vez rematado o grao de Farmacia, Medicina, Veterinaria ou Odontoloxía na USC os seus titulados e tituladas acadarán o nivel de máster no Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). O Consello de Universidades acaba de resolver favorablemente a adscrición ao nivel 3 do Marco Español de Cualificación para a Educación Superior (MECES) dos catro graos da institución compostelá que teñen 300 ou máis créditos ECTS. A resolución permite ademais acceder aos estudos de doutoramento en Universidades europeas sen ter que realizar a etapa de máster. Coa fin de homologar os niveis de cualificación dos títulos universitarios no EEES establecéronse unha serie de niveis comúns aos estudos en toda Europa no que o 1 se corresponde co técnico superior, o 2 co grao, o 3 co máster e o 4 co título de doutor. Quérese facilitar así a identificación do verdadeiro nivel de cualificación dos títulos de grao e mellorar a mobilidade dos egresados e egresadas de universidades españolas no EEES e no mercado laboral internacional.

Estas adscricións ao nivel 3 formúlanse para aqueles títulos de grao cuxo deseño de plan de estudos, ademais de ter unha duración maior á establecida con carácter xeral para estes títulos, garanta os resultados de aprendizaxe que definen o nivel de máster.

The contents of this page were updated on 01.07.2015.