Skip to main content

Buscan entre a comunidade universitaria persoas que ‘tezan’ un Atlas social sobre un escenario

Buscan entre a comunidade universitaria persoas que ‘tezan’ un Atlas social sobre un escenario
Buscan entre a comunidade universitaria persoas que ‘tezan’ un Atlas social sobre un escenario

Estudantes, docentes ou Persoal de Administración e Servizos. Calquera con gañas de subirse a un escenario para representar un Atlas da organización social humana. Os artistas Ana Borralho e João Galante porán en acción a comezos de febreiro en Santiago una obra coral para a que precisan persoas voluntarias, sen experiencia previa en teatro, danza ou artes escénicas. E nunha cidade como Compostela, que pivota en boa medida en torno á Universidade, a súa comunidade non podía quedar á marxe. Por esta razón, e no marco da colaboración que existe entre a USC e a Cidade da Cultura, faise un chamamento á participación nesta peza comunitaria que subirá ao escenario por primeira vez en Galicia 100 persoas de diferentes profesións coas que facer unha “ revolución silenciosa”, en palabras dos seus creadores. Atlas, que en Santiago se enmarca no Festival de Inverno de Teatro, Danza e Arte en Acción Escenas do Cambio da Cidade da Cultura, foi presentado en países de todo o mundo nos últimos catro anos e en cada cidade lograron tecer un manifesto colectivo coa voz da xente común, “un exército abstracto para unha guerra concreta”. Quen desexe participar deberá enviar un correo electrónico a atlas [at] cidadedacultura.org (atlas[at]cidadedacultura[dot]org) solicitando información ou chamar a Juancho Gianzo ao 633463693 ou Sabela Pillado ao 633615801.

The contents of this page were updated on 01.09.2015.