Skip to main content

O reitor preside o martes a toma de posesión de González Rey como decana da Facultade de Humanidades

O acto comezará ás 12.00 horas na Vicerreitoría de Coordinación do campus de Lugo

O reitor da USC, Juan Viaño, presidirá o vindeiro martes 3 de novembro o acto de toma de posesión de María Isabel González Rey como decana da Facultade de Humanidades do campus de Lugo, un cargo académico no que afronta o seu segundo mandato cun equipo renovado integrado polos profesores Gonzalo Fernández Rodríguez, en calidade de vicedecano, e José María Anguita Jaén, quen desenvolverá as funcións propias da secretaría do centro.

A cerimonia protocolaria é un acto aberto ao público que congregará ás 12.00 horas na Sala de prensa da Vicerreitoría de Coordinación unha nutrida representación de docentes e cargos académicos do campus de Lugo. Os vicerreitores de Coordinación, Desenvolvemento Científico e Tecnolóxico e Servizos Universitarios do campus de Lugo, Javier Bueno, Andrés Barreiro e Carme Silva, respectivamente, así como a secretaría Xeral da USC, Consuelo Ferreiro, tamén estarán presentes no acto.

The contents of this page were updated on 10.30.2015.