Skip to main content

Marco Mezquida Trío ofrece este mércores un concerto na Casa do Saber no marco do Festival de Jazz de Lugo

Marco Mezquida, entre Marko Lohikari e Carlos Falanga
Marco Mezquida, entre Marko Lohikari e Carlos Falanga
A actuación, de entrada libre e de balde ata completar o aforo, comezará ás 20.00 horas

O grupo Marco Mezquida Trío, unha formación musical nada en 2009 e liderada polo pianista de Menorca Marco Mezquida, distinguido como músico do ano en 2011, 2012 e 2013 pola Asociación de Músiscos de Jazz e Música Moderna de Cataluña , presentará este mércores, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, ofrecerá este mércores, día 11 de novembro, a partir das 20.00 horas, un concerto no auditorio da Casa do Saber de Lugo no marco do Festival de Jazz de Lugo.

Acompañado do contrabaixista sueco Marko Lohikari e do batería arxentino Carlos Falanga, o trío liderado por Marco Mezquida, presentará en Lugo o seu segundo traballo discográfico, unha proposta fresca, froito da paixón e da capacidade de proxección destes tres músicos de nova xeración. Un trío potente e emocionante, rico en matices e estilos e con moita personalidade e presenza no escenario.

Antes desta nova entrega musical, os compoñentes de Marco Mezquida Trío presentaron en 2013 o seu primeiro disco xuntos, ‘My Friend Marko’, con composicións de Mezquida e editado pola prestixiosa discográfica Fresh Sound New Talent (CD426). A presentación do disco tivo unha fantástica acollida por parte do público e da crítica en varios festivais nacionais como ImaxinaSons de Vigo, JazzEñe en Madrid e os de jazz da Universidade Politécnica de Valencia, Sa Pobla e Menorca; tamén se deu a coñecer en clubs como o Jamboree de Barcelona.

The contents of this page were updated on 11.10.2015.