Skip to main content

O Instituto de Estudos do Territorio e o LaboraTE organizan no Cactus un taller preparativo do Catálogo das Paisaxes de Galicia

Javier Bueno, Inés Santé e David Miranda inauguran este sábado, ás 9.30 horas, o obradoiro paisaxístico, que se desenvolverá en quenda de mañá no campus lugués

O Instituto de Estudos de Territorio (IET), dependente da Xunta Galicia, organiza este sábado en colaboración e baixo a dirección científica do Laboratorio do Territorio (LaboraTE) da USC no edificio Cactus do campus de Lugo o cuarto obradoiro de participativo para a formulación do Catálogo das Paisaxes de Galicia, que publicará a consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia. Este obradorio, que se desenvolverá en quenda de mañá, de 10.00 horas a 12.30 horas, é unha iniciativa que está aberta ao público en xeral e que permitirá ás persoas participantes propoñer e identificar os principais recursos paisaxísticos da provincia, así como as zonas máis degradadas, e que poden ser obxecto de recuperación ou rexeneración na provincia de Lugo. As persoas que participen nesta sesión disporán dun Sistema de Información Xeográfica (SIX) para poder localizar puntos ou lugares antes citados. O vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Javier Bueno; a directora do Instituto de Estudos do Territorio, Inés Santé, e o coordinador LaboraTe, o profesor e investigador da USC na Escola Politécnica Superior, David Miranda, serán as persoas encargadas de guiar a sesión inaugural dun obradoiro orientado á formulación definitiva do Catálogo das Paisaxes de Galicia e que chega a Lugo logo das sesións xa celebradas previamente en Santiago de Compostela, As Pontes e Carballo. Este programa de obradoiros encamiñado a recoller propostas e suxestións para incluír no futuro Catálogo das Paisaxes de Galicia continuará nas próximas datas con novas sesións en Burela, Becerreá, Viana do Bolo, Ourense, Xinzo de Limia, Ponteareas, Vigo e A Coruña. Doce puntos xeográficos, nos que quedarán identificadas todas as zonas e recursos paisaxísticos da comunidade. A inscrición para tomar parte no obradoiro que se desenvolverá este sábado no edificio Cactus do campus de Lugo está aberta e pode realizarse no enderezo electrónico atlaspaisaxe.iat [at] xunta.es (atlaspaisaxe[dot]iat[at]xunta[dot]es), ou por teléfono, nos números 981 541 755/756. Asemade, toda a información tamén se pode consultar en www.somospaisaxe.org.

The contents of this page were updated on 09.25.2015.