Skip to main content

Máis de 400 profesionais en atención temperá e educación familiar danse cita no Congreso Internacional Ciatef15

De dereita a esquerda, María José Buceta, Martiño Noriega, Alberto Núñez Feijóo, Juan Viaño e Rafael de Muslera (Foto: Santi Alvite)
De dereita a esquerda, María José Buceta, Martiño Noriega, Alberto Núñez Feijóo, Juan Viaño e Rafael de Muslera (Foto: Santi Alvite)

Organizado polo Grupo de Investigación Esculca e a Unidade de Atención Temperá da USC, o IV Congreso Internacional de Atención Temperá e Educación Familiar (Ciatef) reúne esta semana nas Facultades de Ciencias da Educación e de Psicoloxía máis de 400 profesionais chegados de distintas partes do mundo. Docentes, investigadores, profesionais e estudantes participarán no encontro coas súas comunicacións ou posters en torno a un amplo abano temático, que abrangue dende a discapacidade e a contorna familiar ao acoso escolar ou a tecnoloxía e a vida familiar, pasando polo impacto na unidade familiar dos síndromes minoritarios e as enfermedades raras. O congreso inaugurouse este xoves no Salón Nobre de Fonseca nun acto ao que, ademais do reitor Juan Viaño, asistiron o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o alcalde de Santiago, Martiño Nogueira; o conselleiro técnico do Real Padroado, Rafael de Muslera; e a presidenta do congreso, a profesora da USC María José Buceta. A conferencia de apertura correu a cargo de Manuel Posada, director do Instituto de Investigación en Enfermidades Raras do Instituto Carlos III de Madrid. Nos tres días do encontro intervirán profesionais como o presidente da Federación Española de Enfermidades Raras (FEDER), Juan Carrión; o presidente da Federación Estatal de Profesionais de Atención Temperá (GAT), Juan Carlos Belda; o pedagogo e criminólogo Vicente Garrido; ou os catedráticos Ángel Carracedo (USC) e Gonzalo Musitu (U. Sevilla), entre outros. Público asistente ao congreso

The contents of this page were updated on 09.11.2015.