Skip to main content

O ciclo de cinema negro francés continúa este martes en Humanidades coa proxección do filme ‘Garde à vue’

O III Ciclo de Cinema Negro Francés continúa este martes, día 15 de decembro, na Facultade de Humanidades do campus de Lugo coa proxección do filme ‘Garde à vue’ (‘Detención preventiva’), realizado por Claude Miller e con guión e diálogos de Michel Audiard, un dos grandes creadores de diálogos do cinema francés do século XX.

A proxección deste filme, que recibiu varios galardóns, comezará ás 19.30 horas e será en versión orixinal en francés con subtítulos en castelán. A entrada é libre e de balde.

The contents of this page were updated on 12.14.2015.