Skip to main content

Estudantes da Universidade de Roehampton gañan o III Concurso de Vídeos do Grupo Compostela de Universidades

O vídeo “Year Abroad: Make the Most of It”, presentado por un equipo de estudantes da Universidade de Roehampton (Reino Unido) ten sido seleccionado como gañador do III Concurso Internacional de Vídeos do Grupo Compostela de Universidades (CGU), unha prestixiosa competición que involucrou a 19 institucións de Educación Superior nesta edición.

Entre os vídeos presentados, todos eles de alta calidade, o xurado decidiu premiar este en concreto pola súa destacada orixinalidade e calidade narrativa. O vídeo gañador (http://goo.gl/5eTsCb) representa nun día o ano no estranxeiro dun estudante. No seu proceso de elaboración os estudantes puxeron en práctica as técnicas que aprenderon ao longo deste curso, mentres estudaban un máster na Universidade de Roehampton. Como novidade desta edición, a canle europea de noticias Euronews, seleccionará a polo menos un dos gañadores para que realice unha estadía de prácticas con eles. Ademais, os estudantes teñen sido xa invitados a presentar o seu vídeo e recibir un certificado honorífico durante a XX Asemblea Xeral do Grupo Compostela de Universidades, que terá lugar na Universidade Adam Mickiewicz en Poznan (Polonia) os días 25 e 26 de setembro de 2014.

The contents of this page were updated on 07.31.2014.