Skip to main content

O grupo Ensemble Ixor, do Conservatorio Superior de Música da Coruña, ofrece este martes un concerto na Casa do Saber de Lugo

Compoñentes da agrupación de música contmporánea do CSM da Coruña Ensemble Ixor
Compoñentes da agrupación de música contmporánea do CSM da Coruña Ensemble Ixor
A actuación desta agrupación de alumnos/as do obradoiro de música contemporánea e das aulas de saxofón do CSM da Coruña comezará ás 20.00 horas. A entrada é de balde

A agrupación de alumnos/as do obradoiro de música de cámara e das aulas de saxofón do Conservatorio Superior de Música da Coruña, Ensemble Ixor, ofrecerá este martes, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, un concerto, no que os oito integrantes desta formación, dirixida por Pablo Coello, interpretarán un programa con composicións de Pierre Jodlowski, György Ligeti, Karlheinz Stockhausen, Christian Lauba, Iago Hermo e Françoise Rossé.

O grupo de música contemporánea Ensemble Ixor nace como unha experiencia educativa a carón da interpretación dos repertorios clásicos e contemporáneos con formatos e proxectos definidos previamente. A actuación programada na Casa do Saber de Lugo está promovida pola USC en colaboración co Concello de Lugo e coa Xunta de Galicia e encádrase no marco do ciclo de música contemporánea de Lugo ‘MIHLSons-XXI’. O variado programa musical que presentará Ensemble Ixor na Casa do Saber de Lugo será interpretado por oito alumnos/as do Conservatorio Superior de Música da Coruña. Rosalía Becoña, Daniel Chaves, Iago Hermo e Elena Rodríguez tocan o piano a oito mans, mentres que Marta Alonso, Moisés Barreiro, Tiago M. Brandao e Xián Vázquez estarán ao saxofón. O concerto de Ensemble Ixor na Casa do Saber de Lugo comezará ás 20.00 horas e a entrada será de balde para todo o público interesado ata completar o aforo, que é limitado a preto de cen butacas.

The contents of this page were updated on 04.28.2014.