Skip to main content

Xornada mariñeira da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos no balandro ‘Joaquín Vieta’

Un grupo de socios da Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC participará este domingo 29 nunha xornada mariñeira pola ría de Muros-Noia no balandro ‘Joaquín Vieta’, partindo do porto do Testal. O día comeza ás 11:00 horas cunha percorrido pola Misela, banco de marisqueo e praia, para logo partir no Vieta ata Pontenafonso. A xornada inclúe ademais un paseo en planeadora ata a central do Tambre.

The contents of this page were updated on 06.27.2014.