Skip to main content

A USC e RedEmprendia participan no primeiro MOOC sobre vixilancia tecnolóxica para emprender

A Universidade de Santiago e RedEmprendia colaboran en #MoocVT, o primeiro MOOC de introdución á vixilancia tecnolóxica para emprender. Un curso online, masivo, gratuíto e aberto deseñado para emprendedores, investigadores e empresas. En concreto, as dúas entidades colaboran con #MoocVT no Módulo 5 ‘Casos Prácticos’ no que Fernando Carou, técnico da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento da USC, explicará con exemplos reais as claves para buscar e interpretar documentación relacionada con patentes e a súa importancia dentro das prácticas de vixilancia tecnolóxica de particulares e organizacións. #MoocVT é unha acción educativa en rede impulsada por UniMOOC , plataforma de cursos gratuítos para emprendedores, e o Observatorio Virtual de Transferencia de Tecnoloxía da Universidade de Alacante. O curso é unha aposta comprometida polos recursos abertos de aprendizaxe no ámbito da xestión da innovación e a tecnoloxía, onde o ritmo de traballo o decide cada usuario. A matriculación en #MoocVT é gratuíta e pode realizarse en unimooc.com.

The contents of this page were updated on 07.10.2014.