Skip to main content

Preséntase este martes na Deputación de Lugo programa de concertos incluídos na sétima edición do ciclo Lubicán

O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, presentará este martes, día 11 de febreiro de 2014, a sétima edición do ciclo musical Lubicán, un programa organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural 2014 e que se desenvolverá ao longo dos próximos meses.

O deputado delegado das áreas de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo, Mario Outeiro, a concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, Carmen Basadre, e Xosé Lois Romero, compoñente da formación aCadaCanto, que abrirá este ciclo de concertos o 20 de febreiro, tamén intervirán na presentación do Lubicán 2014, un acto que se desenvolverá a partir das 12.00 horas, no salón de actos da Deputación de Lugo. O ciclo Lubicán acada a súa sétima edición coas mesmas pretensións que viron nacer este proxecto artístico, un programa a través do que a Universidade de Santiago, xunto coa Deputación e o Concello de Lugo, que tamén manteñen o convenio Lugo Cultural, pretenden achegar ao público lugués a música de grupos galegos con diferentes estilos e formacións, á vez que apoian e promoven novos grupos da provincia.

The contents of this page were updated on 02.10.2014.