Skip to main content

A Unidade de Atención Temperá da USC organiza unha charla gratuíta sobre alimentación infantil

O venres 21 de xaneiro ás 20.00 horas dentro do ciclo 'Choiva de ideas'

A Unidade de Atención Temperá da USC organiza o próximo venres 21 unha charla gratuíta sobre unha correcta alimentación infantil, que impartirá a doutora Lourdes Gago Cea, médica experto en Nutrición e Dietética e especialista en Medicina Familiar. Esta é unha actividade que se inclúe no ciclo de charlas e debates ‘Choiva de ideas’ que organiza o servizo coordinador pola profesora María José Buceta. Durante a xornada –a celebrar na Facultade de Psicoloxía, a partir das 20.00 horas- as persoas que participen poderán coñecer de primeira man cales son os alimentos máis recomendables e saudables en cada etapa da infancia, cales son os erros máis frecuentes nos hábitos alimenticios dos máis pequenos, así como tácticas para ensinar os nenos a gozar da comida. Trátase dunha charla gratuíta, dirixida a todas as persoas interesadas nesta materia, para a que xa se abriu o prazo de inscrición. Os interesados deben enviar un correo a mjosecarmen.buceta [at] usc.es (mjosecarmen[dot]buceta[at]usc[dot]es). Charlas sobre malos tratos ou custodia compartida 'Choiva de ideas' é un ciclo de charlas e debates mensuais de asistencia gratuíta que empezou o pasado mes de novembro cunha sesión para ensinar a pais e nais a entender a linguaxe corporal dos seus fillos. Posteriormente, tamén se organizaron charlas sobre adopcións e sobre a realidade dos nenos roubados. Nos próximos meses, a iniciativa 'Choiva de Ideas' continuará da man de reputados profesionais no mundo da infancia, para debater, entre outros asuntos, sobre malos tratos a menores ou sobre procesos de custodia compartida.

The contents of this page were updated on 02.17.2014.