Skip to main content

Presentación do novo corpus dixital aberto do proxecto internacional ‘Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’

Recolle nun único banco de datos dun amplo número de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles

O proxecto internacional 'Tesouro do léxico patrimonial galego e portugués’ traballa dende o ano 2007 no rexistro e integración nun único banco de datos dun amplo número de repertorios léxicos galegos, portugueses e brasileiros con referenciación xeográfica concreta das voces contidas neles. Agora, esta iniciativa vaise poñer a disposición das persoas interesadas de xeito libro e gratuíto nun corpus dixital que se presentará este xoves 20. A presentación das particularidades e característica deste proxecto celebrarase nun encontro cos medios de comunicación na Sala de Prensa do Colexio de San Xerome a partir das 11.00 horas na que participarán o vicerreitor de Investigación e Innovación, Francisco González, a coordinadora do proxecto, Rosario Álvarez Blanco, e o director do Instituto da Lingua Galega da USC (ILG), Ernesto González Seoane. O traballo conta coa colaboración, ademais dos investigadores do ILG, de equipos de varias universidades de Brasil e Portugal.

The contents of this page were updated on 02.19.2014.