Skip to main content

José Manuel Fernández Labastida, do European Research Council, presentou na USC as oportunidades de financiamento que ofrece o organismo europeo

Fernández de Labastida, primeiro pola esquerda, estivo acompañado polo reitor Juan Casares e polo vicerreitor de Investigación, Francisco González. Foto: Servimav-USC
Fernández de Labastida, primeiro pola esquerda, estivo acompañado polo reitor Juan Casares e polo vicerreitor de Investigación, Francisco González. Foto: Servimav-USC

O director do Departamento de Xestión Científica do European Research Council (ERC), José Manuel Fernández de Labastida, presentou este mércores 19 no transcurso dunha conferencia as oportunidades de financiamento que o ERC oferta para os distintos grupos de investigación. A intervención de Fernández Labastida está incluída no programa de difusión de Horizon 2020 e celebrouse na Aula Magna da Facultade de Matemáticas, nunha sesión na que estivo presente ademais o reitor Juan Casares. A misión do European Research é fomentar a investigación de alta calidade en Europa a través de fondos competitivos e apoiar a investigación de vangarda impulsada polos investigadores de calquera campo a partir da base da excelencia científica. Coa súa actividade complementa outras actividades de financiamento en Europa como as dos organismos nacionais dedicados ao apoio á investigación e é un compoñente destacado do programa Horizon 2020, programa marco de investigación da Unión Europea para 2014-2020. Na actualidade, catro investigadores da USC lideran outros tantos contratos asociados ao programa Starting Grants. Trátase de Francisco Rivadulla Fernández, do grupo de investigación Magnetismo e Nanotecnoloxía, NANOMAG; Rubén Nogueiras Pozo, de Metabolismo Molecular, adscrito ao Instituto de Investigación Sanitaria; Miguel López Pérez, do Centro de Investigación en Medicina Molecular e Enfermidades Crónicas; e Carlos Salgado López do grupo de investigación Física de Altas Enerxías. A este grupo engádese ademais a bolsa Advanced Grants concedida ao profesor José L. Mascareñas o pasado ano. Nun acto en Matemáticas explicou as oportunidades de Financiamento do ERC. Foto: Servimav-USC

The contents of this page were updated on 02.19.2014.