Picaversos recita, desta volta, en francés

O ciclo Picaversos celebra este martes 25 unha sesión dedicada á poesía francesa de todos os tempos. Recitarán a xornalista e actriz Comba Campoy, o poeta Fran Cortegoso e a poetisa Rosa Enríquez, a cantante Coralie Yap-Chine e o lector da Escola de Idiomas Benjamin Panou, achegando os seus poemas e poetas favoritos traducidos ao galego e no seu francés orixinal. Na Igrexa da Universidade, esta nova sesión do único ciclo regular de lecturas poéticas que se celebra en Compostela comezará ás 21.00 horas, con entrada de balde. Previamente, a partir das 18.00 horas, está programado un taller de Lectura Sincronizada dirixido por Colarie Yap-Chine sobre un fragmento da ‘Cinquième promenade’ das Rêveries d’un promeneur solitaire de J.J. Rousseau. Coa celebración desta sesión, na que colabora a USC, Picaversos quere abrirse á poesía escrita noutras linguas. Xa en febreiro haberá unha sesión dedicada á poesía escrita en francés na Igrexa da Universidade e outra lusófona en abril na Casa de Europa.