Skip to main content

Preséntase este xoves un documento audiovisual sobre a Estación Científica do Courel elaborado pola Fundación TIC

A Estación Científica do Coruel, un edificio singular da Universidade de Santiago de Compostela emprazado en Seoane do Courel e dotado de equipamentos e instalacións destinadas a apoiar a investigación e a docencia en todas as áreas relacionadas coa montaña luguesa, acollerá este xoves, día 6 de febreiro de 2014, a partir das 12.30 horas, o acto de presentación dun traballo audiovisual de carácter divulgativo elaborado pola Fundación TIC, dependente da Deputación Provincial de Lugo.

O vicerreitor Adxunto de Investigación e Innovación do campus de Lugo, Pablo Ramil; o director da Estación Científica do Courel, Antonio Rigueiro; o deputado provincial delegado das áreas de Cooperación e Asistencia aos Concello e padroeiro da Fundación TIC, Álvaro Santos, e a alcaldesa do Courel, Dolores Castro, intervirán no acto de presentación deste novo documento audiovisual. A curtametraxe de promoción da Estación Científica do Courel, un material audiovisual duns sete minutos de duración e que contribuirá a dar maior difusión é promoción social dun servizo da USC, ademais de explicar as razóns polas que foi creada, estará accesible para todas as persoas interesadas na ligazón electrónica http://www.usc.es/gl/servizos/eccourel/index.html.

The contents of this page were updated on 02.05.2014.