Skip to main content

Cál é o teu talento artístico

Cál é o teu talento artístico
Cál é o teu talento artístico

A Universidade de Santiago anda á procura de talento artístico entre a comunidade universitaria coa fin de confeccionar unha base de datos que lle permita coñecer qué estudante, docente ou PAS ten dotes para a arte da performance -voz, música, danza e interpretación- estean ou non integrados nun grupo creativo. A iniciativa lidéraa o equipo de Canal Campus Lab, dependente da Área de Cultura da USC, que con esa base de datos individualizada do colectivo universitario pretende desenvolver proxectos futuros relacionados co talento e a creatividade, a performance e a interpretación. Para formar parte desta base de datos deberase enviar un correo electrónico a info [at] canalcampus.es (info[at]canalcampus[dot]es) e poñer no Asunto ‘Base de Datos Artística’ e no corpo da mensaxe escribir o nome, enderezo electrónico, teléfono, centro e colectivo ao que pertence, habilidades artísticas e xénero, explicar se forma parte dalgún grupo ou formación e nese caso identificalo.

The contents of this page were updated on 02.05.2014.