Skip to main content

A residencia Monte da Condesa inicia os actos conmemorativos do seu 25 aniversario cunha conferencia do xornalista Nacho Mirás

A residencia Monte da Condesa conmemora este curso o seu 25 aniversario cun programa de actividades que iniciará este martes 28 o xornalista e profesor da USC Nacho Mirás Fole que pronunciará a conferencia ‘Humor contra o tumor: o cancro, un secreto a voces’. A intervención comezará ás 20.30 horas na Sala de Usos Múltiples da residencia. Na xornada tamén intervirán a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social, Dolores Álvarez; o ex reitor Carlos Pajares; a adxunta á vicerreitoría, Mª del Carmen Segura; o director da residencia, Israel Sanmartín; e o xefe do Servizo de Axudas e Servizos ao Alumnado, Xosé Delfín Pérez.

The contents of this page were updated on 10.27.2014.