Skip to main content

Preséntase este martes na Escola Politécnica Superior a campaña informativa ‘A PAC e as súas repercusións na cidadanía europea’

Responsables de Unións Agrarias falarán sobre as funcións, utilidades e retos da nova PAC, a partir das 11.30 horas, na entrada da cafetería do centro universitario

A organización profesional agraria Unións Agrarias presentará este martes, a partir das 11.30 horas, na entrada da cafetería da Escola Politécnica Superior, a campaña informativa ‘A PAC e as súas repercusións na cidadanía europea’.

Os distintos representantes sindicais que participarán neste programa europeo de divulgación da nova Política Agraria Común (PAC) no campus de Lugo, entre os que estará presente a secretaría da sección de Medio Ambiente e Cambio Climático, Cristina Fraga Sanjurjo, instalarán un punto de información ao público no que tamén estará visible a mascota da campaña, a vaca PACa. O programa de divulgación ‘A nova PaC e as súas repercusións na cidadanía europea’, financiada nun 50% pola Dirección Xeral de Agricultura e Desenvolvemento Rural da Unión Europea, busca dar a coñecer a historia e a evolución da PAC, así como as súas funcións, utilidades, retos e oportunidades, ademais de afondar na sensibilización social. Esta campaña, deseñada pola organización profesional agraria Unións Agrarias e que vén de ser galardoada en Bruxelas co primeiro posto nos Premios de Comunicación da PAC 2013, outorgados pola Comisión Europea, permite divulgar algúns datos significativos da realidade da agricultura en Europa, como o son o feito de que a metade do solo da UE está dedicado á agricultura, unha actividade que xera o 6% do PIB comunitario, onde se contabilizan uns 14 millóns de agricultores.

The contents of this page were updated on 01.13.2014.