Presentación do libro Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias
As contribucións realizadas en 2010 ao Simposio que o Instituto da Lingua Galega da USC (ILG) realiza anualmente conforman os contidos do libro Contacto de linguas, hibrididade, cambio: contextos, procesos e consecuencias. Este novo volume presentaron publicamente este martes 14 no Consello da Cultura Galega o presidente do Consello, Ramón Villares, o director do ILG, Ernesto González, e Henrique Monteagudo e Gabriel Rei-Doval, editoras da publicación xunto con Eva Gugenberger. O libro analiza os procesos e consecuencias da coexistencia nun territorio de dúas ou máis linguas, procesos que ata agora desde a investigación eran tidos como "anómalos", xa que "a lingüística contemporánea con frecuencia partiu do presuposto de base de que a situación ideal das linguas é o monolingüismo". Para os editores, "cando se pensa na historia e na situación lingüística actual de Galicia, o prolongado contacto entre o galego e o castelán é unha realidade imposible de ignorar". O libro recolle as contribucións realizadas ao Simposio ILG 2010. Deste xeito, na redacción do volume participaron especialistas como Eva Gugenberger, María Álvarez de la Granja, Belén López Meirama, Dante Lucchesi, Marta Negro Romero, Xosé Afonso Álvarez Pérez, Fernando Ramallo, Gabriel Rei-Doval, Francisco Dubert, Bieito Silva, Ana Iglesias ou Fernando Venâncio.