Skip to main content

Investigadores do ILG participan no III Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística de Paraná

Os investigadores do Instituto da Lingua Galega Xulio Sousa e Rosario Alvarez participaron no III Congreso Internacional de Dialectoloxía e Sociolingüística celebrado en Paraná (Barasil) integrando a súa Comisión Científica e como coordinadores da sección dedicada ao proxecto Tesouro do Léxico Patrimonial Galego e Português. O encontro, co lema ‘Variação, atitudes linguística e ensino’, reuniu a mais de setecentos especialistas das diferentes áreas de investigación para abordar diferentes áreas temáticas, entre as que se atopaban a dialectoloxía, sociolingüística, diversidade e descrición lingüística, lexicoloxía, lexicografía, terminoloxía e políticas lingüísticas. Ademais dos investigadores xa mencionados, do ILG tamén acudiron Hélen Cristina da Silva, María Álvarez de la Granja, Marta Negro Romero, Ernesto González Seoane, Rosa Mouzo Villar, María Beatriz Domínguez Oroña e David Rodríguez Lorenzo.

The contents of this page were updated on 10.16.2014.