Skip to main content

Concerto de piano e voz para conmemorar o centenario do pasamento de Said Armesto

Alejo Amoedo e Iria Cuevas
Alejo Amoedo e Iria Cuevas

O pianista Alejo Amoedo e a mezzosoprano Iria Cuevas ofrecerán este venres 17 ás 20.00 horas un concerto no Paraninfo da Universidade que pecha o bloque dedicado a música e etnografía dentro das actividades celebradas arredor do tema ‘Víctor Said Armesto e o seu tempo (1871-1914)’. Este encontro conmemora o centenario do pasamento do primeiro catedrático en España de Literatura galego-portuguesa, Víctor Said Armesto (Pontevedra 1871- Madrid 1914) e está organizado polo profesor da USC Carlos Villanueva e o seu equipo de investigación ‘Fondos documentais de música nos arquivos civís de Galicia’. Con anterioridade ao concerto, a partir das 18.00 horas na Biblioteca Baltar do Museo do Pobo Galego, proxectarase o documental ‘Víctor Said Armesto, o resplandor efémero’ producido por José Antonio Durán. O concerto No recital deste venres interpretarán pezas de Marcial del Adalid, Canuto Berea, Prudencio Piñeiro, Juan Montes, José María Varela Silvari, Enrique Lens Viera, José Castro ‘Chané’, José Gómez ‘Curros’, José Baldomir e Pilar Castillo. Iria Cuevas Natutal de Ponteareas, inicia os seus estudos musicais na Especialidade de Piano no conservatorio da súa vila natal. A súa etapa como membro da Coral Polifónica da Escota de Música de O Porriño influirá definitivamente na que será a súa verdadeira vocación: o canto. En 2011 acada o Título Superior en Música na Especialidade de Canto baixo a tutela de Teresa Novoa e asiste a diversos cursos de interpretación vocal como os impartidos polos mestres Miguel Zanetti, Jorge Robaina, Antón García Abril, Isabel Penagos, Daniella Pastorello ou Thomas Busch. Realizou numerosos recitais cos pianistas Alejo Amoedo, Xesús Pardal, Julio Aléxis Muñoz, Jorge Robaina e Carlos Enrique Pérez nos que levou a cabo a estrea mundial de obras dos compositores Paulino Pereiro, Juan Pérez Berná, Gloria Rodríguez, Manuel Alejandre, González de la Rubia, Jesús Ángel Rodríguez ou Antón García Abril. En 2011 foi premiada coa Mención de Honra á Excelencia Musical no concurso organizado pola Consellaría de Cultura e Educación da Xunta de Galicia, en colaboración coa Fundación Paideia, e que fixo posible a gravación em 2012 do disco Mélodies xunto co pianista Alejo Amoedo. Alejo Amoedo Nado en Redondela, estuda nos conservatorios de Pontevedra e Vigo, onde finaliza con altas cualificacións as carreiras de piano e música de cámara cos mestres Jesús Fernández Yepes e Josefa Estarque; posteriormente en Madrid, baixo a dirección de Miguel Zanetti, especialízase no acompañamento vocal. A súa ampla traxetoria interpretativa levouno á realización de numerosos recitais nos que destaca a estrea de obras de Rogelio Groba, Carlos López García-Picos, Rei Rivero, Luís Carro, Juan Eiras, Alfredo Oliveira, Antonio Paz Valverde, Paulino Pereiro, Fernando Ruibal, José Pérez, Eligio Vila, Carlos Cambeiro, Julius Andrejevas, Margarita Viso, Miguel Brotóns, Manuel Alejandre Prada, Andrés Álvarez, Angel Montes, Gabriel Bussi ou Juan Pérez Berná. Entre os seus traballos discográficos máis recentes destacan o triplo CD Antoloxía de Compositores Galegos gravado co clarinetista Asterio Leiva e editado pola editora Ouvirmos (2013); os realizados xunto ao trompetista Rubén Simeó titulados Virtuosismo Barroco (2011), Fantasy Trumpet (2012), Trumpet Contemporary (2013) e o xa mencionado Melodies. Foi profesor titular do Conservatorio de Música do Porriñoe pianista acompañante nos conservatorios profesionais de Pontevedra e Vigo, así como na Escola Superior de Música e dás Artes do Espectáculo de Porto (Portugal) e na de Altos Estudos Musicais de Santiago de Compostela. Na actualidade, exerce como pianista acompañante e repertorista no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

The contents of this page were updated on 10.16.2014.