Skip to main content

O profesor Edson Seizo Mori presenta na EPS as investigacións en xenética forestal que desenvolve a Universidade de Sao Paulo

O investigador e profesor titular da Facultade de Ciencias Agronómicas do Departamento de Produción Vexetal da Universidade Estadual Paulista de Sao Paulo Edson Seizo Mori ofrecerá este venres, a partir das 11.00 horas, na sala de xuntas da Escola Politécnica Superior de Lugo, un relatorio sobre as liñas de investigación relacionadas coa mellora xenética forestal nas que está a traballar a citada universidade brasileira.

Este profesor brasileiro, que é especialista en mellora xenética forestal e cuxas liñas de investigación están relacionadas co rexuvenecemento de clons de eucaliptos, está a completar unha estadía de investigación no campus de Lugo baixo a supervisión do profesor e investigador do Departamento de Produción Vexetal da USC Juan Luis Fernández Lorenzo, que tamén traballa en cultivos xenéticos forestais.

The contents of this page were updated on 10.09.2014.