Skip to main content

Comeza o novo curso para as NerdNite Compostela

Cartel da nova sesión do mércores 15
Cartel da nova sesión do mércores 15

A NerdNite de Compostela incorpórase ao abano de actividades deste curso 2014-2015 cunha nova sesión o próximo día 15 que reunirá as intervencións do director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri; da vicepresidenta da asociación sociocultural Acide, Rocío García Garregal; e do investigador posdoutoral do Departamento de Historia I, Carlos Rodríguez Rellán. A partir das 22.0 horas, desta volta na Nave de Vidán, as charlas levarán por título ‘O impacto do clima na historia da civilización humana’, ‘Lea a etiqueta antes de habitar’ e ‘ Sobrevive á apocalipse zombie: a arqueoloxía experimental’. Nerd As NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde expertos dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.

The contents of this page were updated on 10.07.2014.