Nova cita coas NerdNites este mércores na Nave de Vidán

Os amantes da ciencia e a diversión teñen este mércores 15 unha nova ocasión para escoitar as charlas que tres apaixonados expertos ofrecerán ás 22.00 horas na Nave de Vidán. O director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, falará do impacto do clima na historia da civilización humana, mentres que a vicepresidenta da asociación sociocultural Acide, Rocío García Garregal, intervirá coa charla ‘Lea a etiqueta antes de habitar’. Por último, o investigador do Departamento de Historia I Carlos Rodríguez Rellán preséntase co suxerinte título ‘Sobrevive á apocalipse zombie: a arqueoloxía experimental’. Nerd As NerdNites son unha proposta nacida hai anos en Estados Unidos e á que se sumou Santiago en 2012, sendo a primeira cidade española en facelo. Articúlase en base a pequenas charlas científicas con contidos chamativos, onde especialistas dialogan co público das disciplinas que lles apaixonan fóra do ámbito académico, nun ton distendido e en horario nocturno.