Skip to main content

A Universidade Estatal de Milagro de Ecuador e a USC estreitan lazos de colaboración

Os reitores Juan Viaño e Fabricio Guevara Viejo asinaron o convenio en San Xerome (Foto: SERVIMAV)
Os reitores Juan Viaño e Fabricio Guevara Viejo asinaron o convenio en San Xerome (Foto: SERVIMAV)

Unha delegación da Universidade Estatal de Milagro de Ecuador encabezada polo seu reitor, Fabricio Guevara Viejo, visitou este martes ao reitor Juan Viaño no seu despacho de San Xerome. Acompañábao a directora do Instituto de Posgrao, Rosa Pacheco. Aproveitando este encontro, os dous responsables universitarios asinaron un convenio de cooperación para promover o desenvolvemento da cultura e, en especial, da ensinanza superior de grao e posgrao e a investigación científica e tecnolóxica. A concreción destes acordos levarase a cabo a través de convenios específicos dirixidos a regular o intercambio e formación de estudantado e PDI, a colaboración en actividades de carácter académico ou a participación en publicacións e proxectos científicos.

The contents of this page were updated on 10.14.2014.