Skip to main content

A USC convoca unha nova edición das Bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria

A Oficina de Desenvolvemento Sostible da USC oferta este curso 33 bolsas de Sostibilidade, Participación e Integración Universitaria (SPIU) para desenvolver accións relacionadas co medio ambiente e o desenvolvemento sostible. A convocatoria, financiada polo Consello Social da USC, contempla 21 bolsas para os centros docentes do Campus de Santiago, 6 para o de Lugo e 6 para residencias do SUR. O prazo de solicitudes permanecerá aberto ata o día 24 de outubro.

O estudantado que desexe solicitar esta bolsa deberá presentar as instancias e a documentación necesarias nos lugares e dentro dos prazos sinalados na convocatoria, que se pode consultar na páxina web do Plan de Desenvolvemento Sostible.

The contents of this page were updated on 10.15.2014.