Skip to main content

A asociación internacional AIESEC, xa na USC

A Universidade de Santiago conta dende esta semana cunha asociación estudantil máis, a AIESEC, que agrupa estudantes e recén licenciados de 400 universidades de todo o mundo, entre elas as de Harvard ou Yale. Promover o desenvolvemento do liderado, as prácticas e o voluntariado internacional son os principais obxectivos desta asociación, que organiza anualmente 27.000 intercambios internacionais co apoio de máis de 8.000 organizacións, empresas e institucións.

As persoas interesadas en solicitar os intercambios ou o voluntariado ou en formar parte da asociación poden escribir un mail a aieseccompostela [at] gmail.com (aieseccompostela[at]gmail[dot]com).

The contents of this page were updated on 10.17.2014.