Skip to main content

Medicina conmemorou o 125 aniversario de Francisco Asorey

Medicina conmemorou o 125 aniversario de Francisco Asorey
Medicina conmemorou o 125 aniversario de Francisco Asorey

A Facultade de Medicina pechou este venres o programa de actos organizados con motivo da festividade do seu patrón cunha sesión na que tamén se conmemorou o 125 aniversario de Francisco Asorey (1889-1961), escultor anatómico da Facultade. Os actos comezaron coa inauguración da nova Aula de Microscopía de Anatomía Patolóxica e prosegueron cun acto académico no que o catedrático de Anatomía Javier Jorge Barreiro pronunciou a conferencia ‘Asorey e a Facultade de Medicina’. Ao remate, descubrirase no Claustro baixo da Facultade un monumento conmemorativo obra de Cándido Pazos. A xornada puxo o broche a un conxunto de actos que comezaron o pasado martes coa presentación do libro Fuentes documentales y recursos docentes en Odontopediatría y Ortodoncia, do que son autores Xosé Antón Regos Varela, Jacobo Limeres Pose, Juan Seoane Romero e Marcio Diniz Freitas. Neste mesmo contexto tamén se presentou o libro do doutor Avelino Franco Grande titulado La medicina compostelana. 1847-1950. Retazos históricos.

The contents of this page were updated on 10.17.2014.