Skip to main content

A Fundación USC Deportiva convoca un curso avanzado de GPS

A Fundación USC Deportiva convoca un curso avanzado de GPS
A Fundación USC Deportiva convoca un curso avanzado de GPS

A Fundación USC Deportiva organizará en novembro en Santiago un curso avanzado de GPS dirixido ás persoas que xa realizaron o básico ou que teñen e utilizan un dispositivo GPS dende hai un tempo e queren aprender a sacarlle máis partido. Incidirase fundamentalmente na edición, realizando un amplo tratamento de datos e mapas. O curso, cunha duración de 9 horas e impartido polo técnico de Sendeiros da Federación Española de Montaña e Escalada e a Escola Española de Alta Montaña Javier Aradas Mariñas, conta coa colaboración de TwoNav, empresa española que desde hai máis dunha década proporciona ferramentas para sacar o máximo partido ás actividades ao aire libre, cun catálogo de GPS de última xeración, un arquivo cartográfico de máxima calidade e os mellores softwares de navegación do mercado. TwoNav proporcionará o software de forma gratuíta para o curso e sorteará unha licenza gratuíta entre os asistentes. Para participar nesta actividade deberase formalizar a súa inscrición a través da páxina web da USC Deportiva. O custo do curso é de 38 euros (ou 43,60 coa comida incluída) e as prazas son limitadas (máximo 10 participantes), polo que se recomenda realizar a reserva de praza o antes posible xa que se respectará rigorosamente a orde de inscrición para a súa adxudicación.

The contents of this page were updated on 10.20.2014.