Skip to main content

A articulación territorial de España, a debate na Universidade

Participan recoñecidos especialistas de Galicia, Valencia e Cataluña

Favorecer un debate sosegado no ámbito público sobre a articulación territorial en España e balizar as vías de encaixe equilibrado dos intereses e as posicións territoriais son os cometidos dunha xornada que organizan conxuntamente este venres 26 o Instituto de Estudos e Desenvolvemento de Galicia da USC (Idega) e a Rede de Investigadores en Financiamento Autonómico e Descentralización Financeira en España (RIFDE). O encontro será no Salón de Plenos do CES Galicia (Rúa Algalia de Abaixo, 24). A reflexión sobre a cuestión territorial abranguerá numerosas perspectivas, tantas como relatores especialistas galegos, cataláns e valencianos. Así, da USC intervirán Pedro Puy Fraga, Xaquín Fernández Leiceaga, Xavier Vence e Xavier Ferreira; de Vigo Santiago Lago Peñas; da Universidade de Valencia Antoni Zabalza Martí, presidente de Ercros; Maite Vilalta, da Universidade de Barcelona; e Guillem López i Casanovas e Jaume Ventura, ambos os dous da Pompeu Fabra.

The contents of this page were updated on 09.25.2014.