Skip to main content

O profesor Ángel Carracedo participa en Bruxelas nunha xuntanza da Rede de Excelencia European Forensic Genetics

O catedrático Ángel Carracedo participa este martes 30 nunha mesa redonda da Rede de Excelencia European Forensic Genetics (Euroforgen) baixo o lema ‘Millóns de pegadas xenéticas e ningún sospeitoso. Que pode facerse?’. En Bruxelas, entre as 17.30 e as 18.45 horas, xunto ao docente da USC participarán tamén José Labastida, responsable do Departamento de Xestión Científica do European Research Council; o presidente da rede europea de Institutos de Ciencias Forenses , Üllar Lanno; o coordinador do Euroforgen-NoE, Peter M. Schneider; e o profesor Robin Williams, do Centro de Ciencias Forenses da Universidade Northumbria de Newcastle.

The contents of this page were updated on 09.29.2014.