O campus de Lugo amosa a súa oferta de estudos e servizos a 300 estudantes de ESO e BAC procedentes de once centros da provincia

A USC amosou este xoves a súa oferta académica, cultural e de servizos no campus de Lugo a preto de 300 estudantes de ESO e BAC procedentes de 11 centros educativos da provincia de Lugo a través do programa Encontros no campus de Lugo 2014, unha xornada de portas abertas promovida pola Vicerreitoría de Coordinación e Planificación en colaboración co programa A Ponte entre o ensino medio e a USC, a través da que se busca dar a coñecer ao estudantado preuniversitario o abano de títulos de grao, así como as liñas de investigación na que se traballa e a oferta cultural e de servizos existente no campus de Lugo.
O vicerreitor de Coordinación e Planificación do campus de Lugo, Pedro García Herradón, abriu esta xornada de portas abertas no auditorio da Facultade de Veterinaria, onde ofreceu unha recepción de benvida a todos/as os/as participantes neste programa, tanto a estudantes como a os docentes procedentes dos distintos centros educativos da provincia que acordaron sumarse a este programa. Daquela, esta edición do programa Encontros no campus de Lugo 2014 tivo como principais estudantes e docentes de 11 centros educativos de diferentes localizacións da provincia de Lugo, tales como o son CIFP As Mercedes, IES Ánxel Fole, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, CPR Fingoi, Colexio San José de Lugo, IES Fontem Albei, de A Fonsagrada, IES Daviña Rey, de Monforte, IES Becerreá, IES Gregorio Fernández, de Sarria, IES da Terra Chá, de Castro de Ribeiras de Lea, e CPI Virxe do Monte, de Cospeito Unha vez rematado o acto de benvida, durante o que todos/as participantes asistiron a unha breve explicación sobre o campus de Lugo, as súa configuración e os distintos itinerarios formativos e de investigación que ofrece, os/as estudantes preuniversitarios, distribuídos ben por centros de procedencia ou en grupos en función das súas preferencias académicas, visitaron, de 12.00 a 14.00 horas, as distintas facultades e escolas do campus de Lugo, onde, ademais de coñecer e visitar as instalacións universitarias, desenvolveron diversos obradoiros e actividades en compañía do profesorado de cada centro.
Os/as estudantes dos centros que decidiron prolongar esta xornada de achegamento á realidade universitaria do campus de Lugo en quenda de tarde puideron compartir un almorzo na residencia universitaria Jesús Bal y Gay, para logo, a partir das 16.30 horas, participar en visitas guiadas programadas á Domus do Mitreo e á catedral de Lugo.