Skip to main content

Un profesor da Escola Agraria de Elvas falará este mércores na Politécnica sobre o impacto da irrigación en solos mediterráneos

O profesor da Escola Superior Agraria de Elvas Rato Nunes ofrecerá este mércores, a partir das 11.00 horas, na aula 15 da Escola Politécnica Superior do campus de Lugo, un relatorio baixo o título ‘Impacto da irrigación nas principais características químicas dalgúns solos mediterráneos’.

A intervención deste profesor portugués no campus de Lugo encádrase dentro dunha estadía que están a completar na Escola Politécnica Superior Rato Nunes e o tamén investigador da Escola Superior Agraria de Elvas Luis Loures, quen disertará o xoves, a partir das 10.00 horas, sobre os paradigmas da arquitectura da paisaxe no século XXI. Unha vez rematado este relatorio, os dous profesores lusos ofrecerán o xoves información sobre centro universitario portugués a estudantes, docentes e investigadores do campus lugués.

The contents of this page were updated on 09.16.2014.