Skip to main content

Un obradoiro na Igrexa da Universidade explorará as particularidades da música carnática

Ademais, do obradoiro está previsto que Shantala Subramanyam ofreza un concerto na Igrexa da Universidade
Ademais, do obradoiro está previsto que Shantala Subramanyam ofreza un concerto na Igrexa da Universidade
Está aberta a inscrición para esta xornadas sobre a música clásica do sur da India que se celebrán os días 2 e 3 de outubro

A música carnática e á música clásica do sur da India, caracterizada pola importancia que lle outorga á estrutura da canción e polo seu carácter teorético, con máis regras estritas que, por exemplo, a música clásica indostaní (a do norte do país). O contido das cancións da modalidade carnática é sempre relixioso, non sempre de loa, xa que o compositor tamén pode laiarse ou queixarse á deidade. Co obxecto de coñecer as particularidades deste estilo musical, a Área de Cultura da USC organizará a comezos de outubro, os días 2 e 3, un obradoiro dedicado á música carnática que impartirá Shantala Subramanyam quen tamén ofrecerá na Igrexa da Universidade un concerto. A artista estará acompañada por Akkarai S. Sornalatha ao violín e por Akshay Anantapadmanabha á percusión. As persoas interesadas en achegarse ás particularidades deste estilo musical deberán formalizar a inscrición no obradoiro dirixíndose á Area de Cultura da USC nos teléfonos 8818 11018 ou 8818 11020.

The contents of this page were updated on 09.16.2014.