Skip to main content

A EPS celebra este xoves os 10 anos da implantación da titulación de Enxeñaría en Xeomática e Topografía na USC

O vicerreitor Pablo Ramil presidirá, o acto institucional durante o que se distinguirá aos egresados/as do centro lugués que acadaron premios extraordinarios da titulación

A Escola Politécnica Superior do campus de Lugo celebrará este xoves, a partir das 11.00 horas, no salón de actos do devandito centro universitario lugués, o acto institucional conmemorativo dos dez anos da implantación na USC da titulación de Enxeñaría en Xeomática e Topografía, uns estudos que comezaron a impartirse no curso 2003-2004 baixo a denominación de Enxeñaría Técnica en Topografía.

O vicerreitor adxunto de Investigación e Innovación do campus de Lugo, Pablo Ramil Rego, presidirá a celebración deste acto, que comezará cunha intervención do decano do Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos en Topografía, Andrés Díez Galilea, que informará sobre as actuacións que desenvolve o órgano colexiado cara a inserción laboral e futuro profesional. O director da Escola Politécnica Superior, Javier Bueno Lema; o xefe do Observatorio Xeofísico de Santiago, Luís Mendoza Barros; o subdirector do Departamento Técnico do Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia, Alfredo Fernández Ríos; a vicepresidenta da Deputación de Lugo, Lara Méndez, e o alcalde do Concello de Lugo, José López Orozco, tamén intervirán nesta celebración institucional, durante a que se procederá á entrega de diplomas e insignias aos enxeñeiros/as das oito promocións de titulados/as xa egresados/as da EPS que obtiveron premios extraordinarios da titulación.

The contents of this page were updated on 04.23.2014.