Expertos académicos e representantes da sociedade civil catalá e galega debaterán sobre o futuro político de Cataluña
‘Futuro política de Cataluña: consulta cidadá e marco legal’ é o lema dunha xornada que este xoves 10 se celebrará na Facultade de Ciencias Políticas e da Administración organizada polo Consell de Diplomàcia Pública de Catalunya. O programa desenvolverase no Salón de Graos do centro en horario de 16.00 a 19.30 horas. Expertos académicos e representantes da sociedade galega e catalá presentarán os seus puntos de vista sobre o proceso político iniciado en Cataluña. Entre outras cuestións, debaterán sobre os mecanismos legais de que dispón esta comunidade autónoma para levar a cabo a consulta sobre o seu futuro político, o papel xogado pola sociedade civil catalá no proceso ou o posicionamento internacional en casos semellantes.