ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 30 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | 1st year (Yes)
• Explicar e comprender a realidade xeográfica de Galicia como un espazo dinámico, que é resultado da interacción de procesos socioeconómicos e culturais que actuaron sobre un marco natural e histórico.
• Coñecer e comprender a realidade histórica de Galicia, valorando os procesos que permiten identificala como un territorio diferenciado en España.
• Analizar a función do medio natural, dos recursos naturais e das actividades produtivas na configuración do espazo xeográfico galego, valorando a vulnerabilidade e o grao de deterioro do medio ambiente e tomando conciencia da necesidade de coñecer antes de actuar, para manter o equilibrio entre a natureza e o home.
• Identificar e interpretar a poboación como recurso, identificando as características demográficas actuais, as diferenzas territoriais e as perspectivas de futuro.
• Coñecer as repercusións que tivo sobre Galicia a integración na Unión Europea.
I. Introdución: Obxectos de estudo e instrumentos da Xeografía: conceptos e gráficas.
II. O MEDIO NATURAL: ESTRUTURA, DINÁMICA E MEDIO AMBIENTE
2.1. As diversidades xeolóxica, morfolóxica, climática, hídrica e bioxeográfica.
2.2. As unidades morfoestruturais.
2.3. Natureza e recursos en Galicia: materias primas, fontes e recursos enerxéticos.
2.4. Territorio e paisaxe.
2.5. Medio ambiente nos espazos naturais galegos: conservación e impactos.
III. OS RECURSOS HUMANOS E A ORGANIZACIÓN DO POBOAMENTO.
3.1. As claves da evolución demográfica de Galicia: envellecemento e migracións.
3.2. Os sistemas intra e interurbano: a peculiaridade da rede urbana de Galicia.
IV. O ESPAZO XEOGRÁFICO NAS ACTIVIDADES ECONÓMICAS.
4.1. Espazo e aproveitamento do sector agropecuario:Transformación e problemática do espazo rural galego e a reconversión da actividade pesqueira.
4.2. Espazos e actividades industriais.
4.3. A crise da planificación indutiva e a realidade actual da industria en Galicia.
4.4. Un espazo dos servizos: o proceso de terciarización da economía galega.
4.5. Transportes e comunicacións como elementos de organización territorial.
4.6. Turismo e lecer: impacto espacial e medioambiental.
V. A NOSA CONTORNA: SANTIAGO DE COMPOSTELA.
6.1. Análise empírica das características físicas da contorna de Santiago de Compostela.
6.2. A poboación compostelá e as súas actividades económicas.
6.3. Unha cidade administrativa e de servizos cunha forte pegada do turismo.
ALDREY VÁZQUEZ, J.A. e LOIS GLEZ., R.C., 2010, Breve Xeografía de Galicia, Eds. A Nosa Terra, Vigo.
OTERO PEDRAYO, R., 1980, Guía de Galicia. Vigo, Galaxia.
TORRES LUNA (dir.), 1986, Geografía de Galicia. A Coruña, Xuntanza (3 vols).
SANTOS SOLLA, X. M. e PIÑEIRA MARTIÑÁN, Mª X., (coods.), 2011, Xeografía de Galicia. Ed. Xerais. Vigo.
VILLARES PAZ, R., 2016, Historia de Galicia (edición revisada e ampliada, Galaxia, Vigo.
- Analizar e comentar fontes e documentos cartográficos, estatísticos, literarios e xornalísticos en soporte material e virtual.
- Aplicar métodos sistemáticos na análise e interpretación de feitos e procesos xeográficos.
- Interpretar as paisaxes galegas usando as saídas ao campo como fonte de información e oportunidade para aplicar o principio de observación directa.
- Valorar as paisaxes culturais conformadas polo patrimonio natural e social de Galicia.
- Adoptar actitudes proactivas ante os problemas medioambientais e sociais da poboación galega.
Os bloques temáticos traballaranse combinando exposicións do profesor e tarefas interactivas baseadas no traballo persoal e grupal do alumnado cos recursos recomendados nas sesións presenciais e na aula virtual creada a tal efecto polo profesor encargado da materia.
Proponse, como actividade academicamente dirixida, a elaboración dun traballo sobre a realidade socioeconómica da contorna para analizar os cambios producidos durante o século XX. A tal fin, o alumnado recollerá información en fontes primarias e secundarias (bibliográficas e hemerográficas, na Rede) para analizala, representala e interpretala. Deste xeito coñecerá diferentes sistemas de tratamento de información e metodoloxías de análise social, incluída a reflexión sobre as consecuencias ambientais das actividades humanas.
Recomendaráselles a asistencia a conferencias e exposicións celebradas en Santiago de Compostela que complementen os contidos do curso e proporanse saídas didácticas adaptadas aos intereses do alumnado e posibilidades organizativas da USC.
Combinará diferentes instrumentos e procedementos de avaliación da mellora no nivel de coñecementos do alumnado e da eficacia da metodoloxía de ensino e aprendizaxe utilizada co obxectivo último de revisar os apartados nos que o rendemento do alumnado non acadase os obxectivos inicialmente fixados.
As producións escritas do alumnado suporán o 70% da cualificación final individual na materia. Consistirán na realización de tarefas prácticas aplicando os contidos da materia dispoñibles no curso virtual da mesma e na elaboración dun traballo monográfico sobre un tema directamente vencellado coa Xeografía de Galicia.
Esta cualificación completarase coa valoración da asistencia regular do alumnado ás sesións presenciais e da súa participación proactiva nelas e nas saídas didácticas (30%), consonte co establecido no Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
A entrega de producións realizada polo estudantado farase, preferentemente, a través da aula virtual para cumplir os obxectivos de responsabilidade medioambiental da USC. Por iso as producións impresas seguirán estas normas:
1ª. Non levarán tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios e, sempre que sexa posible:
1.1. Empregarán grampas en lugar de encanutillados.
1.2. Irán impresas a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
2. Non empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
3. Evitarán anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos posto que non se avaliarán positivamente.
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nas producións académicos entregadas.
O alumnado comunicarase co profesor da materia a través do correo corporativo da USC (conta rai) e entregará as súas producións, preferentemente, nos espazos habilitados a tal efecto no curso virtual da materia dentro do Campus Virtual da USC.
Durante as sesións presenciais, non se empregará o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola persoa docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (sesións presenciais e titorías) é de carácter privado, tratase dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia e por iso está protexido pola normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións ás producións nas que a persoa docente detecte unha realización fraudulenta
A entrega de producións realizada polo estudantado farase, preferentemente, a través da aula virtual para cumplir os obxectivos de responsabilidade medioambiental da USC. Por iso as producións impresas seguirán estas normas:
1ª. Non levarán tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios e, sempre que sexa posible:
1.1. Empregarán grampas en lugar de encanutillados.
1.2. Irán impresas a dúas caras en calidade “aforro de tinta”.
2. Non empregarán folios en branco como separadores de capítulos ou partes.
3. Evitarán anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos posto que non se avaliarán positivamente.
En atención aos criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nas producións académicos entregadas.
O alumnado comunicarase co profesor da materia a través do correo corporativo da USC (conta rai) e entregará as súas producións, preferentemente, nos espazos habilitados a tal efecto no curso virtual da materia dentro do Campus Virtual da USC.
Durante as sesións presenciais, non se empregará o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas pola persoa docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (sesións presenciais e titorías) é de carácter privado, tratase dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia e por iso está protexido pola normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos
Aplicarase o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións ás producións nas que a persoa docente detecte unha realización fraudulenta.
Raul Soutelo Vazquez
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- raul.soutelo [at] usc.es
- Category
- External area professor