ECTS credits ECTS credits: 3
ECTS Hours Rules/Memories Expository Class: 25 Interactive Seminar Class: 5 Total: 30
Use languages Spanish, Galician
Type: Ordinary Fourth Cycle subject
Departments: 4th Cycle External Department
Areas: Área externa de 4º Ciclo
Center IV Ciclo
Call: First Semester
Teaching: With teaching
Enrolment: Enrollable | (Yes)
• Poñer ó alcance do alumnado os contidos básicos para comprender a Historia Moderna de España
• Introducir os avances metodolóxicos e historiográficos máis significativos e recentes que afectan ó coñecemento da Historia Moderna de España
• Elaborar un traballo académico orixinal con busca de bibliografía específica
A presente materia tratará de achegar ao alumnado aos acontecementos máis salientables da Historia Moderna de España, entendido como o periodo que abrangue dende finais do século XV ata finais do século XVIII.
Para iso, atenderase a unha presentación das grandes etapas nas que se divide esta cronoloxía, con interese no coñecemento da estrutura política da Monarquía Hispánica no Antigo Réxime, a organización social, os fundamentos económicos e as representacións culturais e relixiosas da antedita realidade.
A materia estrutúrase en catro grandes bloques temáticos, ademáis da presentación:
1. Presentación da materia. Cronoloxía, conceptos e contextos
2. Da Unión Dinástica á Monarquía Hispánica (séculos XVI-XVII)
3. A conquista do Novo Mundo
4. Política e administración na Monarquía dos Habsburgo
5. Igrexa e relixión(s)
6. A sociedade do Antigo Réxime
7. As mulleres na Monarquía Hispánica
8. Economía, facenda e prezos
9. A crise do século XVII
10. Política interior e exterior da Monarquía dos Borbóns
11. Clase práctica
12. Movementos culturais: Humanismo, Barroco e Ilustración
13. Educación, cultura e mentalidades
14. A crise do Antigo Réxime
15. Clase final. Proba de avaliación
*** A clase práctica celebrarase na Aula de Informática da Facultade de Humanidades
BENNASSAR, Bartolomé (2001), La España de los Austrias (1516-1700), Barcelona, ed. Crítica
BENNASSAR, Bartolomé (2006), La monarquía española de los Austrias: conceptos, poderes y expresiones sociales, Salamanca, Ed. Universidad de Salamanca
BUSTOS RODRÍGUEZ, Manuel (2008), Época Moderna. De la Monarquía Hispánica a la crisis del Antiguo Régimen, Madrid, Ed. Sílex
CASTELLS, Irene; MOLINER, Antonio (2000), Crisis del Antiguo Régimen y Revolución Liberal en España (1789-1845), Barcelona, Ed. Ariel
FLORISTÁN IMÍZCOZ, Alfredo (coord..), (2011), Edad Moderna: Historia de España, Barcelona, Ed. Ariel
CASTILLA SOTO, Josefina (2011), Historia moderna de España (1665-1808), Editorial Universitaria Ramón Areces, Madrid
FERNÁNDEZ DÍAZ, Roberto (1993), La España moderna: siglo XVIII, Madrid, Ed. Historia 16
MARCOS MARTÍN, Alberto (2000), España en los siglos XVI, XVII y XVIII: economía y sociedad, Barcelona, Ed. Crítica
MOLAS RIBALTA, Pere (1993), Manual de Historia Moderna, Barcelona, Ed. Ariel
RODRÍGUEZ GARCÍA, Justina (2005), Diccionarios de términos de la Historia de España: Edad Moderna, Barcelona, Ed. Ariel
• Capacitar ao alumno/a para identificar os distintos períodos cronolóxicos da Historia de Moderna de España, os seus fundamentos e as súas representacións máis importantes
• Capacitar ao alumno/a para analizar a historia en perspectiva, superando os marcos cronolóxicos pechados e posibilitar análises globais e transversais
• Potenciar a autonomía do alumno/a mediante unha metodoloxía de aprendizaxe onde, semanalmente, se facilitarán os contidos da clase inmediata (con antelación) para o repaso previo do alumnado
Cada clase terá unha duración de dúas horas, dividida en dúas metades con descanso no intermedio. Ambas mesturarán o corpo expositivo da materia, dirixida polo profesor, co práctico a base de proxeccións, comentarios, lecturas, debates...
O material de estudo será subministrado polo profesor cunha semana de antelación á clase correspondente na Aula Virtual co que, o alumnado, poderá traballar por adiantado nos contidos da clase seguinte.
Na clase práctica, que se celebrará na aula de informática, poderase ver e analizar documentación orixinal dixitalizada, baixo a supervisión do profesor, a través de PARES (Portal de ARchivos ESpañoles)
Durante o desenvolvemento da materia o alumnado deberá ir elaborando un traballo persoal obrigatorio (dirixido polo profesor), a entregar o último día de clase do mes de decembro.
Por último, o alumnado terá a posibilidade de traballar sobre os contidos vistos arredor dun tema a partir dun formulario breve, de 3 preguntas, formulado polo profesor de cara a súa entrega na clase seguinte. Esta actividades é absolutamente voluntaria, dirixida a aquelas persoas interesadas en avaliar semanalmente a súa aprendizaxe.
Na avaliación final teráse en conta a asistencia e a participación na aula e actividades programadas (50%), a realización dun traballo dirixido polo profesor a elixir polo alumno/a entre varias modalidades (25%) e un exame final ou proba tipo test (25%).
A asistencia ás clases é obrigatoria para a superación da materia (30h).
Recoméndase efusivamente a asistencia continuada ás clases, así como a participación activa na mesma. Para un mellor aproveitamento, é recomendable visualiza-los recursos que ofertará o docente, sobre todo aqueles diseñados para a aprendizaxe fóra do horario das clases.
Ante calquera dúbida ou interese particular, recoméndase igualmente contactar co docente vía email.
ASISTENCIA A CLASE. Regulamento de asistencia á clase nas ensinanzas oficiais de grao e máster da Universidade de Santiago de Compostela, aprobado en Consello de Goberno con data do 25 de novembro de 2024.
ENTREGA DE TRABALLOS. Os traballos realizados polo estudantado deben entregarse, preferentemente, a través da aula virtual.
RESPONSABILIDADE MEDIOAMBIENTAL En relación aos traballos persoais ou de grupo que se realicen para a materia cómpre ter en conta as seguintes indicacións: - Evitar tapas de plástico ou outros envoltorios externos innecesarios. - Sempre que sexa posible, empregar grampas en lugar de encanutillados. - Imprimir a dúas caras en calidade “aforro de tinta”. - Non empregar folios en branco como separadores de capítulos ou partes. - Evitar anexos que non teñan referencia directa cos temas desenvolvidos.
PERSPECTIVA DE XÉNERO: En atención a criterios de igualdade de xénero no ámbito universitario, recoméndase facer uso da linguaxe non sexista tanto no traballo cotiá de aula como nos traballos académicos encomendados.
CONTA RAI
É obrigatorio que o alumnado faga uso da conta de correo rai.
FERRAMENTAS TECNOLÓXICAS INSTITUCIONAIS
É obrigatorio o uso das ferramentas tecnolóxicas institucionais: Campus Virtual, Microsoft Office 365, e outras ferramentas facilitadas pola facultade e autorizadas como ferramentas institucionais pola USC.
USO DO TELÉFONO MÓBIL
Non se poderá empregar o teléfono móbil, salvo cando se use como instrumento de traballo seguindo as indicacións dadas polo equipo docente, responsabilizándose o alumnado das consecuencias legais e académicas que poidan derivarse dun emprego non axeitado do mesmo.
PROCESO DE ENSINO-APRENDIZAXE:
Ter en conta que o proceso de ensino-aprendizaxe (clases / titorías) é de carácter privado. Neste senso, enténdese que se trata dun acto de comunicación e intercambio entre o/a docente e o estudantado matriculado na materia.
PROTECCIÓN DE DATOS
No referido á protección de datos a normativa de referencia pode ser consultada no seguinte enlace: https://www.usc.gal/es/politica-privacidad-proteccion-datos.
NOTA: “Para os casos de realización fraudulenta de exercicios ou probas será de aplicación o recollido na Normativa de avaliación do rendemento académico dos estudantes e de revisión de cualificacións”.
Ruben Castro Redondo
Coordinador/a- Department
- 4th Cycle External Department
- Area
- Área externa de 4º Ciclo
- Phone
- 982824716
- ruben.castro [at] usc.es
- Category
- External area professor