Convocadas as axudas para fomentar a iniciativa cultural e deportiva do estudantado da USC
O prazo para formalizar as solicitudes permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de outubro e a contía máxima que se poderá percibir por candidatura será de 400 euros
Read moreConsello do Estudantado e 14 centros da USC recibirán axudas para a dinamización sociocultural, físico-deportiva e cultural
A convocatoria impulsada pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura recibiu un total de 47 propostas de actividades, 22 máis que o ano pasado, das cales 32 recibirán financiamento para dinamizar a vida das facultades e das escolas universitarias
Read moreO CDG preestrea 'Manuela Rey is in da house' este mércores 13 nun pase dirixido á comunidade estudantil da USC
As persoas interesadas en asistir deben enviar un correo electrónico co seu nome e datos de contacto ao Consello do Estudantado
Read moreSete arquitectas rumanas que deixaron unha fonda pegada protagonizan a mostra ‘A muller que son’
A Igrexa da Universidade exhibe ata o 8 de abril imaxes e información sobre unha selección de obras que abordan temas coma a integración dos edificios no medio ambiente, o interiorismo ou o paisaxismo
Read moreO legado da actriz galega Manuela Rey prende en Compostela coa luz das Faíscas Culturais
Unha instalación creada por estudantado de Ciencias da Educación dá visibilidade na Praza de Praterías e na Casa do Cabido á figura, ata o de agora descoñecida, da muller que chegou a converterse na primeira estrela do teatro lisboeta Dona María II
Read moreChamada para o envío de poemas sobre intelixencia artificial
A convocatoria está aberta a calquera persoa maior de idade que escriba versos en galego
Read moreDoce imaxes do XXIX Maratón Fotográfico do Campus ilustran o calendario de Lugo Cultural 2024
Antonio Álvarez, Tareixa Ferreiro e Iria Castro presentaron o novo material na clausura da mostra da última edición do certame artístico na Biblioteca Provincial de Lugo
Read moreXa se poden presentar obras ao concurso ‘CreArte na Universidade’
O certame está aberto a calquera persoa interesada e o prazo para enviar obras, con temática libre, finaliza ás 14.00 horas do 20 de marzo
Read moreAs Faíscas Culturais alumean a figura de Manuela Rey, a actriz galega que se converteu na estrela lisboeta do XIX
Diferentes intervencións nas facultades de Ciencias da Educación, Xeografía e Historia, Filoloxía e Medicina e Odontoloxía servirán para afondar na traxectoria vital e profesional da artista dende unha perspectiva interdisciplinaria
Read moreO xermolo da Primavera Cultural prende na USC con música, teatro, danza, cine, fotografía ou exposicións
A Universidade leva aos campus de Santiago e Lugo múltiples actividades que estenden a acción cultural da institución dentro e fóra das aulas
Read moreO AHUS recibe a doazón do fondo fotográfico sobre a Guerra Civil de Mario Blanco Fuentes
Trátase de preto dun milleiro de imaxes sobre a contenda bélica xunto a outras instantáneas relativas a escenas da vida cotiá nas cidades e á organización das distintas actividades que se levaban a cabo na retagarda
Read moreUnha mostra percorre en Ciencias da Educación a achega da emigración ao desenvolvemento dunha rede escolar galega
A exposición enmárcase nos actos conmemorativos do 50 aniversario dos estudos de Pedagoxía na USC
Read more