ESF is an independent, non-profit association based on transformative volunteering, which seeks to contribute to the collective construction of a just, critical and caring global society through development cooperation and the use of technology in the service of human development and the common good.
Rede de bancos de reciclaxe electrónica con software libre
Trátase de participar na recollida e reacondicionamento de material informático xerado por distintas escolas, facultades e outros organismos da USC. Compróbanse, instálaselles un sistema operativo baseado en software libre, e canalízanse a través de entidades de acción social a familias que o precisen para pechar a fenda dixital.
Tamén particípase en faladoiros ou eventos de promoción da rede de bancos de reciclaxe, do software libre e a electrónica ética en centros de ensino secundario, feiras etc
- Horario: de 15 h a 18 h pero pode variar segundo a axenda das actividades.
- Prazas: 3 persoas en cada banco.
Mulleres tecnólogas polo ben común
Impartir faladoiros en IES de Secundaria por parte de mulleres estudantes de carreiras tecnolóxicas que poidan servir de referente a rapazas que estean pensando en seguir a rama tecnolóxica. As persoas voluntarias integraríanse en ESF e recibirían unha formación sobre tecnoloxía para o ben común e os dereitos humanos antes de comezar a facer os faladoiros. Cando menos organizarían un faladoiro ao ano.
- Horario: datas decididas en coordinación coa persoa voluntaria e o centro de secundaria.
- Prazas: 4.
Voluntariado en cooperación internacional e coñecemento doutras realidades
Voluntariado para facer seguimento dos programas internacionais de Enxeñería Sen Fronteiras en Honduras (con dous programas, un de dereito á auga e outro de soberanía alimentaria, ambos con compoñente de xénero) e Mozambique (programa de loita contra a seca). Realizaranse en coordinación co persoal contratado que xestiona os proxectos, e coas organizacións de cada país que realizan in situ os proxectos. Pode haber opción de realizar o TFM/TFG sobre as temáticas dos proxectos. Tamén pode haber opción a unha das prazas do Programa de Coñecemento da Realidade para realizar unha estancia de, polo menos, dous meses no terreo.
- Horario: Unha reunión de grupo cada dous meses, aproximadamente, e comunicación vía lista de correo-e/canle de telegram. Flexibilidade para acordar co resto do grupo.
- Prazas: 3 (grupo Mozambique) e 3 (grupo Honduras).
Voluntariado en acceso a servizos básicos e tecnoloxía para o ben común
Trátase de participar nos grupos de acceso a servizos básicos con base de tecnoloxía para o ben común que están a realizar distintas actividades (investigación cidadá, faladoiros en centros de secundaria e tamén contornas non formais, campañas en redes sociais...). Os grupos a elixir (un ou varios) son:
- Dereito á auga e saneamento.
- Dereito á alimentación con enfoque de soberanía alimentaria.
- Enerxía e cambio climático.
- Tecnoloxía de baixo custo para a inclusión (de persoas con problemas de mobilidade, de percepción...).
- Horario: Unha reunión de grupo cada dous meses, aproximadamente, e comunicación vía lista de correo-e/canle de telegram. Flexibilidade para acordar co resto do grupo.
- Prazas: 3 persoas por grupo.