«En conxunto,
os usos lingüísticos
na docencia da USC
non son moi equilibrados»

O uso do galego na docencia dos graos neste curso 2014-205, segundo os datos do POD que consignades en XesCampus, é do 21,52% sobre o cómputo de horas de docencia global (máis de 384.000 horas), mentres que o do castelán foi dun 74%. En conxunto, os usos lingüísticos na docencia da USC non son moi equilibrados, como podes ver aquí.

Usos lingüísticos na docencia dos graos da USC



Isto quere dicir que hai titulacións en que se usa o galego e o castelán dun xeito máis ou menos equilibrado e outras en que o alumnado practicamente non recibe nin unha soa aula na nosa lingua. Daquela, dificilmente vai aprender competencias lingüísticas profesionais e non se favorece a aparición ou consolidación de actitudes positivas tamén cara ao galego.

Podedes comprobar aquí canta docencia en galego reciben os alumnos e alumnas das vosas titulacións e aquí como se reparte o uso dos idiomas na docencia por departamentos.

Se queredes botar unha man para que as cousas vaian mudando, axudámosvos.

«En conxunto, os usos lingüísticos na docencia da USC non son moi equilibrados»