O LREC evidencia a potencial emerxencia de novos patotipos de E.coli en alimentos con risco de transmisión a humanos
A tese realizada na Facultade de Veterinaria por Alexandra Herrero e dirixida por Jorge Blanco e Azucena Mora mereceu a máxima cualificación de sobresaínte cum laude
Leer másA USC presenta o estudo patolóxico e epidemiolóxico máis amplo de España sobre patóxenos causantes de mamites bovinas
A tese de doutoral realizada por María Luisa Barreal e dirixida por Gonzalo Fernández e Pablo Díez Baños serve de base para mellorar o control e a prevención da enfermidade
Leer másUnha delegación universitaria de Xapón visita Veterinaria para coñecer o seu modelo de organización docente e de I+D+i
Os profesores das universidades de Obihiro e Hokkaido, acompañados da presidenta da EAEVE, participaron nunha recepción na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo
Leer másO máster en Investigación en Medicina e Sanidade Veterinaria bota a andar cunha xornada informativa sobre saídas laborais
O vicerreitor Javier Bueno abre este venres, ás 9.30 horas, un programa informativo, que se desenvolverá en quenda de mañá na sala de xuntas da Facultade de Veterinaria
Leer másA Aula de Teatro do campus de Lugo comeza a súa actividade este mércores cunha sesión aberta e informativa en Veterinaria
O prazo de inscrición no taller de arte dramática, para o que se ofrecen un total de 16 prazas, permanecerá aberto do 16 ata o 21 de setembro nas oficinas da Área de Cultura
Leer másO Servizo de Deportes da USC programa distintas actividades e escolas deportivas para o curso 2015-2016 no campus de Lugo
A matrícula xa está aberta e as disciplinas ofertadas comezarán a desenvolverse o luns 21. Haberá xornadas de portas abertas do 14 ao 18 de setembro
Leer másUnha investigación da USC estuda os graves riscos para a saúde que provocan dúas toxinas mariñas presentes nas costas galegas
O biólogo coruñés Andrés Crespo estuda na súa tese doutoral, dirixida por Luis Botana e José Manuel Cifuentes, os efectos provocados polos ácidos okadaico e domoico
Leer másA USC e Aresa recompensarán proxectos que enriquezan o campo
Ambas institucións selaron un convenio para activar o XVI Premio Aresa de Desenvolvemento Rural
Leer másAs vacas de explotacións ecolóxicas son máis proclives a enfermidades no período de transición que as das granxas intensivas
Ángel Abuelo sinala na súa tese de doutoramento que a suplementación alimentaria con antioxidantes reduce o nivel de estrés oxidativo nas reses de sistemas intensivos
Leer másOferta completa da USC
O reitor Juan Viaño presenta en Lugo a “completa” oferta da USC para o curso 2015-2016, integrada por 48 graos, tres títulos propios, 65 másteres e 54 programas de doutoramento
Leer más